Sesión maxistral |
A Lección maxistral utilizarase para a explicación dos contidos teóricos. Constitue unha actividade presencial na aula mediante a utilización de medios personais e audiovisuais. Estas leccións estructuranse en catro partes: introdución, desenvolvemento, conclusións e debate, para explicar e aclarar os concetos clave tanto teóricos como prácticos. As sesións maxistrais realizaranse con todo o grupo clase co fin de o alumnado domine os principios e conceptos traballados e adquira unha cultura argumentativa que lle axudará a resolver as partes teóricas do proxecto.
Para o desenvolvemento das sesións teóricas, previo ao inicio de cada bloque de contidos, entrégase ao alumnado em FAITIC un pequeno dossier no que se inclúe:
* Explicación de obxectivos e contidos.
* Guión desenvolto de cada un dos temas e conceptos básicos.
* Liñas xerais do desenvolvemento metodolóxico e proposta de actividades.
* Prácticas relacionadas co bloque temático.
* Temporalización.
* Criterios e estratexias de avaliación que se seguirán nese bloque.
* Documentos de lectura obrigatoria.
* Bibliografía de ampliación.
|
Prácticas autónomas a través de TIC |
O alumno atopará na plataforma TEMA unha serie de exercicios que lle facilitarán a resolución do seu proxecto individualizado e lle axudará a cimentar os conceptos teóricos. |
Titoría en grupo |
O traballo individual e en grupos pequenos, onde o profesor pode facer un seguimento individualizado, constitue unha actividade autónoma, que ensina o alumnado a traballar de forma independiente e a tomar decisións por si mesmo, facilitando o descubrimento do coñecemento coa orientación da profesora. O alumno debe coordinarse co resto dos compañeiros do equipo, co fin de desenvolver aprendizaxes activos e significativos de forma colaborativa.
As titorías grupais teñen como fin consensuar a temática da unidade, revisar o formato e presentación na aula, correxir as posibles problemáticas que se presenten na elaboración do proxecto e dos diferentes materiais, asesorar sobre alternativas de actuación ou para ofrecer ampliación e reforzo en cada tema. A finalidade será que o alumnado consiga habilidades e destrezas de traballo en equipo e valore as aportacións e a retroalimentación dos compañeiros como medio de novos aprendizaxes. As tarefas a realizar serán as seguintes:
* Busca informática de datos. Manexo de fondos bibliográficos.
* Análise de textos e o material videográfico.
* Elaboración e corrección das diferentes fases do proxecto e dos diferentes materiais
|
Estudos/actividades previos |
O alumnado realizará un minicurso sobre búsqueda en bases de datos documental e lexislativa para facilitar o seu traballo de investigación individualizada en cada tema. |
Seminarios |
A profesora organizará un seminario monográfico sobre un tema de actualidade e sempre relacionado con unha temática da materia para facilitar a comprensión do contido e a interdisciplinariedade que se produce no eido didáctico dada a complexidade do feito educativo. |