Recoméndase poñer atención á documentación que se sube á plataforma virtual FAITIC. Nela están desenvolvidos os temas, esquemas de traballo, fichas para realizar comentarios e outros traballos voluntarios, guías de análise de películas con perspectiva sociolóxica, novas, anuncios, calendario previsto de realizaión do programa e datas das probas de avaliación.
Debe poñerse atención á bibliografía máis ampliada e bases de datos importantes para o desenvolvemento dos traballos.
Recoméndase encarecidamente que se lea esta guía con atención para poder aclarar as dúbidas xa na sesión de presentación da materia o primeiro día e non pasemos o curso aclarando cuestións que xa están recollidas neste documento.
Recoméndase ver e comentar o material audiovisual proposto: vídeos, documentais, películas,...
Tamén é moi importante ler a prensa e estar ao tanto dos acontecementos, ter unha actitude aberta, curiosa e crítica ante o que sucede no mundo. |