O alumnado deberá acadar os seguintes resultados
Adquirir coñecementos que permitan:
- Empregar as achegas teóricas da socioloxía como ferramenta de análise e comprensión da realidade.
- Analizar a educación como un feito social, como unha institución básica na sociadade actual. Analizar as súas funcións sociais e as súas transformacións e conflitos.
- Coñecer a evolución da institución familiar, os diferentes tipos de familias, os diferentes estilos de vida e de educación; ver a educación dende a perspectiva familiar para poder intereactuar eficazmente coas familias
- Comprender as demandas institucionais da educación no contexto actual: familias, relacións de xénero, relacións interxeracionais, multiculturalidade e interculturalidade, desigualdade, segregación, discriminación, inclusión e exclusión social, desenvolvemento sostible.
- Analizar o impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das tecnoloxías, así como dos cambios nas relacións de xénero e interxeracionais.
- Poder desenvolver e avaliar as accións dentro e fóra do centro educativo destinadas á frmación cidadá.
- Descubrir os aspectos sociais non pedagóxicos implicados nos procesos educativos, nomeadamente aqueles máis profundos como os que se relacionan coa estrutura social e as transformacións sociais, e tamén con fenómenos máis conxunturais ou específicos como a evolución da economía e do mercado de traballo.
Adquirir destrezas metodolóxicas que permiten desenvolver os ountos anteriores a través do traballo autónomo individual e en equipo como:
- Aprender a seleccionar e xerarquizar a información
- Planificar o traballo.
- Acadar metas concretas.
- Establecer obxectivos e medios
- Avaliar custos e posibles limitacións do traballo de investigación empírica.
- Capacidade para redifinir obxectivos ou medios se estes non se axustaren aos fins establecidos.
- Analizar resultados e proceso de investigación
- Sistematizar e presentar oralmente e por escrito os contidos previstos.
Adquirir destrezas tecnolóxicas:
- Coñecer as ferramentas básicas de informática e audiovisual (procesador de texto, power point, folla de cálculo, acceso a internet, programas multimedia e gravación de voz ou vídeo)
- Traballar con fontes e bases de datos estatísticos
- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación
- Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
Adquirir destrezas lingüísticas:
- Comprensión de textos complexos
- Expresión escrita, comunicación oral en público.
- Capacidade para facerse entender (oral e escrita)
- Resumir e articular información complexa ou de fontes diferentes.
Adquirir destrezas sociais que permitan desenvolver tarefas colaboradoras:
- Capacidade de escoitar e comprender aos demais.
- Capacidade de captar a atención do receptor.
- Capacidade para adapatarse á axenda de traballo para cumprir obxectivos.
- Capacidade para organizar, adaptar ou reorganizar o traballo.
- Capacidade para asumir a responsabilidade propia e do grupo.
|
A1 A2 A3 A4 A5
|
B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12
|
C20 C21 C22 C23 C24 C69
|
D1 D2 D3 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D12 D13 D14 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D21 D22 D23
|