Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe da lingua estranxeira: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Proxectos Ao longo do curso o alumnado deberá realizar unha serie de tarefas ou proxectos relacionados cos contidos da materia. Cada proxecto será avaliado de xeito anónimo por un grupo do alumnado conformado aleatoriamente. O conxunto das tarefas ou proxectos realizados por cada alumno constituirá o seu portfolio de aprendizaxe, que se irá completando en formato blog. A media das notas obtidas en cada proxecto, así como na avaliación do portfolio e a participación no ambiente virtual de aprendizaxe, constituirá o 50% da nota final da materia. Para poder ser avaliado na primeira convocatoria, o alumnado deberá realizar todas as tarefas propostas nos prazos fixados pola clase. 50 A3
A4
A5
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C37
C42
C43
C51
C53
C61
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
Presentacións/exposicións Nas datas estabelecidas na clase durante o período de exames do cuadrimestre, o alumnado deberá presentar oralmente o seu portfolio de aprendizaxe, froito das tarefas parciais encargadas polo profesor e que estarán recollidas nun blog de aprendizaxe. O alumnado deberá ter realizado todas as tarefas propostas ao longo do curso para ser avaliado na primeira convocatoria. Cada estudante disporá de 10 minutos e poderá usar os medios audivisuais que a facultade pon ao seu dispor. As exposicións serán públicas, aínda que o/a alumno/a poderá decidir se quere realizar a exposición só en presenza do profesor. As exposicións de cada estudante serán avaliadas segundo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo serán negociados na aula ao inicio do cuadrimestre. Sexa como for, nos criterios de avaliación que conformarán esta grella terase en conta a asistencia ás aulas. 50 A3
A4
A5
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C37
C42
C43
C51
C53
C61
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación en segunda convocatoria


O alumnado que non viñer ás aulas e/ou que non elaborar a totalidade das tarefas do portfolio de aprendizaxe nos prazos
estabelecidos non poderá realizar a presentación oral do portfolio de aprendizaxe. Nese caso, será avaliado como non
presentado en primeira convocatoria.


O alumnado que concorrer á segunda convocatoria deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia.
O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grella estabelecida polo
profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver.


Linguas de traballo


As linguas de traballo da materia serán o francés, o galego e o castelán. O profesor comunicarase co alumnado en todo
momento, tanto por oral como por escrito, en lingua francesa. Nas tarefas ou partes de tarefas indicadas polo profesor, o uso do francés será obrigatorio. Alén disto, o alumnado poderá empregar calquera das tres linguas de
traballo, tanto da comunicación oral ou escrita como nas tarefas parciais e presentación final. Porén, o esforzo por usar o
francés será tido en conta positivamente na avaliación final. Os enunciados do exame en segunda convocatoria estarán
redactados en lingua francesa, pero o alumnado poderá realizalo en calquera das tres linguas de traballo da materia. Fica
prohibida a utilización do tradutor automático. O seu uso repetido nunha tarefa ou nun portfolio poderán supor a
invalidación dos mesmos


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000