A asistencia puntual e regular a clase e necesaria para o correcto desenrrolo do curso No caso das SESIÓNS MAXISTRAIS (25%) o seu seguimento é imprescindible para o asentamento
conceptual dos contidos teóricos. Valorarase ata con dous puntos en función da asistencia activa e participativa nas sesións e a resolución puntual de exercicios que se plantexarán no trascurso das clases. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS OU EXERCICIOS (25%) recolle a necesidade de adquirar habilidades técnicas e procedimentais relacionadas coa produción plástica bi e tridimensional. A realización de TRABALLOS TUTELADOS (50%) recolle o plantexamento da execución de traballo por proxectos, na que se valorarán as entregas pautadas parciais e a entrega final que se presentará ao resto dos alumnos. Valorarase deste item o produto final plástico presentado, a posta en escea e a correcta argumentación de contidos expostos. Para poder facer a presentación final do traballo tutelado é IMPRESCINDIBLE a entrega de polo menos o 75% das entregas parciais en tempo e forma. Para superar a materia será necesario obter unha media
de 5 calculando as porcentaxes detalladas en cada un dos bloques de
avaliación. É imprescindible ter un 4 como nota mínima en cada un dos
bloques para que se proceda a calcular a nota media. Na SEGUNDA
CONVOCATORIA Os alumnos que non tiveran asistido durante o curso académico ordinario deberán porse en contacto cos responsables da
materia, para que se lles indique o detalle dos materiais a entregar para superar a materia. Haberá unha proba escrita de contenidos mínimos teóricos obrigatoria. No caso de
alumnos que asistan regularmente a clase e presenten as entregas
parciais puntualmente e en forma e aínda así non logren superar a
materia deberán, para esta segunda convocatoria, repertir só aquelas
entregas nas que non alcanzasen a nota mínima de 5. Conservaráselles o
resto das notas obtidas nos exercicios aprobados e acharase a media
correspondente en función dos criterios xa comentados.
|