Sesión maxistral |
As sesións maxistrais utilizaranse para a explicación dos contidos teóricos e aclaración dos contidos prácticos da materia. Constitúe unha actividade presencial na aula mediante a utilización de medios persoais e audiovisuais. Realizaranse con todo o grupo. |
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
- Exporase o desenvolvemento dunha coreografía que terá por referencia as modalidades ximnásticas tratadas no desenvolvemento da materia.
- Traballarán a execución técnica dos elementos ximnásticos durante o proceso metodolóxico de ensino-aprendizaxe levada a cabo na materia. |
Presentacións/exposicións |
- Execución e exposición da coreografía elaborada en colaboración cos compañeiros.
- Execución dun exercicio ximnástico proposto pola profesora.
- Exposición audiovisual dun elemento ximnástico mediante a metodoloxía traballada. |