Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Pedagoxía da educación física e o deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Trátase de traballos sobre contidos específicos (dossier) que aporten actualidade, reflexión crítica ás temáticas. Estes traballos deberán ter uns requisitos de calidade académica. Estes requisitos serán abordados ao principio do curso polo profesor/a. 20 A1
A2
B2
B12
B15
B16
B26
D1
D2
D3
Sesión maxistral As sesións maxistrais serán avaliadas mediante unha proba. Dita proba avaliará as competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos/as deben responder de maneira directa e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. 60 A1
A2
B12
B15
C24
D1
D2
D3
Traballos de aula O traballo monográfico consiste na investigación sobre aspectos relevantes da Pedagoxía da educación física e o deporte. Serán avaliados tendo en conta a calidade das achegas, o seu formato axustado aos estándares científicos, o mesmo que as exposicións monográficas, que serán avaliadas tendo en conta a capacidade expositiva diante da clase, o contido e a preparación dos materiais pertinentes de aportar calidade á materia. 20 A1
A2
B12
B15
B26
C24
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Tanto a calificación dos traballos derivados da resolución de problemas, é dicir, contidos específicos (Dossier) como a calificación dos traballos de aula&nbsp; (traballo monográfico) feitos no seu momento durante o curso,&nbsp; seguirán vixentes na segunda convocatoria ou convocatoria extraordinaria.</p>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000