Guia docente 2015_16
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Creación de Empresas de Base Tecnolóxica
   Competencias
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B2 Capacidade para deseñar e pór en práctica os plans globais da empresa, tanto estratéxicos como operativos
B6 Capacidade para a transmisión de ideas e a defensa do propio criterio
B9 Capacidade de aprendizaxe
B11 Capacidade de xerar ideas, de ser creativo en canto a produtos, servizos e procesos da empresa
B13 Capacidade de desenvolver a iniciativa emprendedora
B14 Capacidade de comprender a importancia da tecnoloxía dentro da empresa actual
C1 Habilidade para o deseño e execución de plans de empresa e a posta en marcha de novas iniciativas empresariais
C4 Capacidade para deseñar, implementar e xestionar proxectos innovadores
C10 Capacidade para avaliar o impacto e oportunidades que poida xerar a contorna das empresas
D3 Capacidade crítica e autocrítica
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000