Avaliación continua: Parte práctica: Ao finalizar as prácticas referentes a cada tema, en horario de prácticas, farase unha proba co ordenador. Se a nota promedio é superior ou igual a 5 e as notas individuais chegan ao 3 entón a nota promedio é a nota da parte de prácticas. Parte teórica: Ao finalizar o curso haberá unha proba tipo test/preguntas cortas. Para supera-la materia o alumno ten que acadar como mínimo un 4 na avaliación teórica (sobre 10) e un 5 na suma ponderada das duas notas. Soamente se conservará a nota de prácticas nas convocatorias do presente curso. O alumno ten dereito a avaliarse da parte de prácticas en calquera convocatoria oficial. Haberá un sistema de avaliación alternativo para os alumnos que opten á avaliación non continua consistente nunha única proba onde se avaliará os contidos expostos ao longo do curso. Consistirá na resolución de problemas teórico/prácticos contando coa axuda do software estatístico R.
O sistema de avaliación da convocatoria de Xullo para todos os alumnos será o mesmo que o empregado na 1ª convocatoria para os alumnos que optaron á avaliación non continua.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son
as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Centro para o curso 2014-15 |