O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua para a convocatoria de maio. Para
superar a avaliación continua é obrigatoria a realización do 100% dos
traballos e probas a realizar na materia. Ademais é preciso obter como
mínimo un 5 sobre 10 tanto nas probas escritas intermedias como na proba final escrita. Segunda convocatoria (xullo): Alternativa a) Exame global dos contidos da materia no mes de xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota. Alternativa
b) Só para os estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non
teñan superado algunha das probas escritas: as probas
suspendidas poderanse recuperar na data oficial de xullo establecida
para a avaliación da materia. As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias
son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola
Xunta de Centro para o curso 2015-2016. No caso de conflito ou disparidade entre datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.
Observación importante: Calquera evidencia de probas ou traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias. |