A asistencia á clase non é obrigatoria pero, en todo caso, si é recomendable.
Aconséllase levar un estudo constante dende o comezo ata o final do primeiro período do curso académico.
É imprescindible asistir á aula co Código Penal vixente.
É necesario estudar a materia a través de manuais e do Código Penal vixente.
O manual de referencia é o seguinte: LUZÓN PEÑA, Diego-Manuel, Lecciones de Derecho penal. Parte general, 2.ª ed., Valencia, Tirant lo Blanch, 2012.
É necesario completar o estudo a través da xurisprudenza. Xa que logo, será preciso o adecuado manexo das Bases de Datos xurídicas (electrónicas). |