Código |
Descrición |
A3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B1 |
Adquirir a capacidade para diferenciar e valorar as diversas expresións do Patrimonio Cultural, coñecer as ferramentas para a súa cuantificación e protección, así como as diferentes perspectivas que abordan a súa xestión. |
C1 |
Estar capacitado para seleccionar as ferramentas de estudo e documentación necesarias para coñecer o ben cultural, incluso establecendo metodoloxías de traballo estandarizables. |
C8 |
Entender os valores multifactoriais do Patrimonio cultural, e valorarlo adecuadamente conforme a criterios de uso social. |
C17 |
(CE4-M4) Adquirir a capacidade para a difusión e divulgación do coñecemento científico e a creación de mensaxes con fins de sensibilización social sobre o Patrimonio. |
D3 |
Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan. |