Traballos tutelados |
Elaboración de traballos por parte dos alumnos a partir de fontes bibliográficas, ben de xeito
individual ou ben en grupo, que deberán ser presentados e debatidos na aula. A presentación terá que facerse na data sinalada. valorarase ao marco teorico, a estructura e articulación do traballo a reflexión crítica e a madurez do estilo ensaístico do alumno e a presentación formal do mesmo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas. |
25 |
|
|
C18
|
D3 D5 D9
|
Sesión maxistral |
Realización dunha proba na que se valorarán os coñecementos teóricos sobre a materia, a capacidade de estructuración e relación dos contidos, así como a claridade expositiva.
Avaliación do proceso de construción dalgúns elementos esenciais da evolución humana.
Análise dos comportamentos humanos e as estratexias de distintas institucións e organizacións sociais, políticas e relixiosas ao longo da Historia. |
40 |
|
B2
|
|
D16
|
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais. Aqueles alumnos que non se acollan á modalidade presencial examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico que implique o manexo dunha fonte histórica propia da materia, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo práctico o 30%. |