Seminarios |
Seminarios de corrección e interpretación de problemas resoltos previamente polo alumno
Seminarios sobre elaboración dun traballo monográfico
Seminarios nos que os alumnos en grupos traballarán sobre un texto aportado polo profesor
Estas acividades fomentarán o espíritu crítico e mellorarán a capacidade de sintetizar, redactar e expor traballos de forma oral así como a habilidade para resolver problemas reais e relacionar os distintos aspectos da materia. |
Traballos tutelados |
Traballos sobre a ampliación dalgún tema proposto e que se realizarán presencialmente nos seminarios. O progreso deste traballo realizarase en tutorías nos seminarios.
Asimesmo outras actividades propostas en función da disponibilidade como recopilación de información, asistencia a conferencias etc... |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Os alumnos disporán na Plataforma de teledocencia Tema de fichas de soporte para a preparación dos temas que explica o profesor, onde poderán consultar os obxectivos, bibliografía, algunhas das presentacións vistas na clase, lecturas complementarias, sitios web de interés, e cuestionarios de autoevaluación, de cada tema para que os alumnos acudan ás fontes bibliográficas e aprendan a buscar a información non facilitada en clase, co fin de fomentar a aprendizaxe autónoma. Tamén a través da plataforma TEMA plantexaranse exercicios de búsquedas de noticias, comentarios en foros etc. que axudarán a fixar conceptos e ver a aplicación cotidiana deles. |
Estudos/actividades previos |
Os alumnos deberán consultar e ler a documentación que está na plataforma de teledocencia antes da asistencia á aula, incluido a primeira clase. |
Actividades introdutorias |
Introducción da materia, explicación do programa e metodoloxía proposta |