Prácticas de laboratorio |
O profesor realizará o seguimento do traballo experimental realizado polo alumno/a nas sesións de laboratorio, así como do caderno elaborado. Dado que se trata dunha materia de tipo experimental, é obligatoria a asistencia ás sesións de laboratorio. É importante indicar que a non asistencia será penalizada na nota final. Si o número de ausencias sen xustificar é superior a 2, suporá suspender a materia. Se o número de ausencias xustificadas, e debidas a causas de forza maior, é superior a 6 suporá suspender a materia. Os días que se falten computarán como ceros na nota de laboratorio.

Na puntuación de este apartado cobrará especial relevancia os seguintes puntos:

Como se desenvolve o alumno no laboratorio, incluíndo o seu grado de autonomía.

Como soluciona os problemas que se lle plantexan a hora de facer a práctica.

Cal é o seu dominio dos coñecementos previos necesarios para facer a práctica en cuestión.

Limpeza e tratamento do material.

Dominio dos cálculos necesarios para realizar a práctica.
Elaboración de caderno/informes de laboratorio.

A competencia A26 que atañe a "Realizar procedementos de laboratorio"
avaliarase neste apartado a través do seguimento no laboratorio. Este procedementeo tamén se empregará para avaliar as competencias A27, A28. |
40 |
Saídas de estudo/prácticas de campo |
Realizarase unha memoria sobre o tema da práctica de campo. A asistencia é obligatoria para poder ser avaluado. |
10 |
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Realizarase unha proba práctica (sesión de laboratorio) que permitirá avaliar as competencias e destrezas adquiridas polo alumno/a. Ditas probas serán realizadas de forma independente para cada grupo de prácticas. |
25 |
Para ser avaliado o alumno ten que obter unha nota mínima nalgúns dos distintos apartados que comprende a avaliación, esta nota mínima é de 3.5 nas probas teóricas e prácticas e na saída de campo, e de 4 na valoración das prácticas de laboratorio. A asistencia a máis de dúas sesións prácticas implicará que o alumno xa está sendo avaliado, polo tanto, a súa cualificación non poderá ser ¨Non Presentado¨. Na segunda convocatoria a avaliación levarase a cabo do seguinte modo: - Unha proba teórico-práctica na que se avaliarán os resultados da aprendizaxe do alumno: 50 %. - Conservarase a puntuación alcanzada polo alumno durante o curso nos seguintes apartados: seguimento do traballo de laboratorio (40%) e prácticas de campo (10%). |