Presentacións/exposicións |
Os alumnos, organizados en grupos de dúas ou tres persoas (según o criterio do profesor), exporán aos seus compañeiros no laboratorio o deseño proposto para o proxecto que se expoña nas clases de traballo en grupo (clases tipo C). O obxectivo é discutir as vantaxes e inconvenientes de cada modelo, fomentando o debate ao redor da proposta de cada grupo. No laboratorio, durante as sesións de traballo en grupo, o profesor realizará un seguimento personalizado de cada proposta, co fin de corrixir deficiencias e orientar as decisións de deseño.
Esta metodoloxía docente permitirá avaliar as competencias CG3, CG6 e CG9. |
Proxectos |
Os alumnos, organizados en grupos de 2 ou 3 persoas (según o criterio do profesor), implementarán o proxecto exposto polo profesor. Disporán para iso das clases en grupo tipo C, onde se fomentará a discusión colectiva a fin de identificar os puntos craves no desenvolvemento do proxecto. Os alumnos combinarán traballo presencial no laboratorio co traballo individual.
Esta metodoloxía docente permitirá avaliar as competencias CG3 e CG6. |
Prácticas en aulas de informática |
No laboratorio, o profesor exporá prácticas nas que se abordarán os principais conceptos da materia, facendo especial fincapé nas posibles aplicacións no campo da TV Dixital Terrestre e a Televisión IP. As dúbidas xurdidas durante o traballo autónomo dos alumnos no laboratorio permitirán fomentar o debate do grupo a fin de acordar a mellor forma de resolver cada problema exposto.
Esta metodoloxía docente permitirá avaliar as competencias CE84, CG3 e CG6. |