Prácticas en aulas de informática |
Son a parte principal do curso. Nestas prácticas úsanse os programas e aplicacións cos que en paralelo se van realizando os traballos tutelados que son o elemento principal de aprendizaxe, que dan lugar ás presentacións e á parte principal da avaliación. |
Presentacións/exposicións |
Presentar o traballo feito é unha aprendizaxe importante nesta materia. A través do traballo compartido na aula mentres se desenvolven os proxectos e logo da presentación en público do feito realízase a parte fundamental da avaliación da materia (que realizan os propios alumnos). |