1. Avaliación continua A materia probe ser superada coa nota máxima a partir da avaliación continua, sen necesidade de presentarse ao exame final. Os estudantes que asistan a máis de 2 sesións de laboratorio non poden cualificarse como “non presentados”. O peso e o contido de cada unha das partes da avaliación continua son as seguintes: 1.1 Test (NTest): - Cobre todos os contidos impartidos nas sesións de teoría.
- A data estimada é a semana 11 do curso.
- O estudante supera esta parte se obtén unha nota maior ou igual a 5.
1.2 Prácticas de laboratorio (NPrac): - O estudante debe completar 6 das 7 sesións de prácticas para superar esta parte.
- O estudante debe implementar de forma correcta os circuítos descritos nos guións das prácticas e entregar un informe de resultados correspondente a cada práctica. A cualificación de cada práctica depende destes resultados.
- Pode ser realizado de forma individual ou por grupos de 2 alumnos.
- O estudante supera esta parte se obtén unha media maior ou igual a 5. Cada práctica ten o mesmo peso na cualificación NPrac.
1.3 Proxecto (NPro): - Pode ser realizado de forma individual ou por grupos de 2 alumnos.
- Debe ser presentado polos autores de forma oral.
- O estudante supera esta parte se obtén unha nota maior ou igual a 5.
1.4 Cualificación final (Final_ca) A cualificación final da avaliación continua obtense da seguinte forma: Final_ca: = (NTest*0.3 + NPrac*0.3 + NPro*0.4) se NTest é maior ou igual a 5 e NPrac é maior ou igual a 5 e NPro é maior ou igual a 5; Final_ca = min [(NTest*0.3 + NPrac*0.3 + NPro*0.4), 4] noutro caso; O estudante que non supera unha ou máis das partes da avaliación continua ten outra oportunidade para recuperar cada parte no exame final: - Pode repetir o test e esta nota substitúe á anterior (NTest).
- Pode mellorar a súa nota de laboratorio por medio dun exame. Este exame consta de varios problemas relacionados co contido das prácticas de laboratorio.
- Pode completar e presentar o seu proxecto antes da data do exame final.
2. Exame e avaliación final Realizarase un exame final ao terminar cada cuadrimestre. - No exame final avalíanse todos os contidos. Consiste normalmente en varias cuestións e problemas e dura aproximadamente 2.5 horas. Para superar o exame final é necesario obter un 5 sobre 10 e representa o 60% da cualificación final (NEx).
- Para superar a materia os alumnos deben presentar un proxecto cos mesmos obxectivos e complexidade que o proxecto realizado na avaliación continua. Este proxecto representa o 40% da nota.
A calificación final (Final_ex) obtense da seguinte maneira: Final_ex = (NEx*0.6 + NPro*0.4) se NEx é maior ou igual a 5 e NPro é maior ou igual a 5; Final_ex = min [(NEx*0.6 + NPro*0.4) , 4] noutro caso; 3. Outros comentarios - As notas obtidas na avaliación continua ou nos exames finais só son válidas para o curso académico actual.
- Non se permite o uso de libros, notas ou dispositivos electrónicos como teléfonos ou computadores en ningún test ou exame. Os teléfonos móbiles deben apagarse e estar fose o alcance do alumno.
|