Tódalas probas serán en inglés. As probas de avaliación continua permiten ao alumno obter unha cualificación final baseada unicamente na súa traxectoria ao longo do curso, e consisten en: 1. Catro probas de resposta curta, cun 10% da nota total cada unha, sumando un 40%. 2. Probas de observación sistémica nas prácticas de laboratorio e informáticas, que suman outro 40% 3. Avaliación dos traballos tutelados (15%) e da presentación dos mesmos (5%) As tarefas de avaliación continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual. Un alumno suponse que optou por avaliación continua cando se presentou a dúas das probas de resposta curta e a dúas prácticas de laboratorio. Un alumno que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que se presente ou non ao exame final. Se un alumno, presentándose a avaliación continua, opta por presentarse ao exame final, a nota final da materia será a media de ambas. Conforme aos regulamentos da Universidade de Vigo,o alumno que o desexe poderá optar ao 100% da nota final mediante un único exame final. O exame final é aquel que se realiza nas datas oficiais marcadas en Xunta de Escola nos meses de Decembro ou Xaneiro (ou Xullo, no caso do examen extraordinario), e ao que deben asistir obrigatoriamente aqueles alumnos que non optaron por avaliación continua e desexen aprobar a materia. O exame final constará de dez cuestiones breves relacionadas cos contidos das clases de aula, de laboratorio, e as presentacións dos traballos grupais. O exame da convocatoria extraordinaria terá unha estrutura similar ao exame final.
|