Prácticas en aulas de informática |
As prácticas de laboratorio, que se realizarán basicamente mediante simulación con Matlab, están orientadas a que os alumnos comprendan mellor os conceptos explicados nas sesións maxistrais e descubran outros novos, fomentando o seu espírito crítico. Ademais de afondar nas competencias SI1.2, SI4.4 e SI5.1, desenvolveranse as competencias CG4.1, CG4.2 e CG6. |
Traballos tutelados |
Os alumnos formarán equipos de traballo cos que desenvolverán unha ou varias tarefas propostas polo profesor. O número de alumnos por equipo establecerase en función do número de alumnos matriculados e da complexidade das tarefas propostas. Os equipos de traballo serán tutelados polo profesor que, ademais de realizar unha valoración do traballo do equipo, establecerá procedementos para o control e valoración do traballo e coñecementos de cada membro do grupo. Ademais de afondar nalgún aspecto adicional das competencias SI1.2, SI4.4 e/ou SI5.1, desenvolveranse as competencias CG4.1, CG4.2 e CG6. |