Traballos tutelados |
Realización de traballos tutelados sobre temas relacionados coa xestión do espetro, que serán expostos en clase a fin de avaliar a compentencia CG9.3 "Capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas relacionadas coas telecomunicacións e a electrónica." |
15 |
Saídas de estudo/prácticas de campo |
Manexo básico do analizador de espectro. Medida do ancho de banda dun sinal FM. Medida de sinais TDT. Instalación dunha antena parabólica. Medidas fase 1 e fase 2.
Execución da práctica ou proba ao finalizar a práctica.
Avaliaranse as competencias CG5, CG7, ST1 e ST5. |
27.5 |
1)Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación na convocatoria ordinaria, ao final do cuadrimestre: avaliación continua e avaliación final. Os alumnos deberán optar por unha das dúas opcións de avaliación
antes da data límite de entrega a memoria da primeira práctica.
Para poder optar á avaliación continua o alumno debe realizar e
entregar en prazo os exercicios que se vaian propondo nas clases
de teoría.
a)Avaliación continua. A avaliación continua realizarase en base á
memoria da práctica de PC e probas realizadas nas outras sete prácticas. Tamén se avaliará
o traballo tutelado mediante a presentación do mesmo en clase.
A última tarefa da avaliación continua é un exame escrito. Estas tarefas non son recuperables e só son válidas para o curso
actual. b)Avaliación final. Os alumnos que non opten por avaliación continua realizarán un exame escrito que abarcará a parte teórica (50%) e outro exame escrito da parte práctica (50%) na data oficial de exame acordada pola Escola. 2) Convocatoria estraodinaria (xullo). Os alumnos que optasen previamente por avaliación continua
poderán optar entre repetir os exames escritos (50% da nota) ou examinarse de novo de toda a materia (100% da nota) mediante dous
exames escritos que abarcarán a parte teórica (50%) e a parte práctica (50%). Comunicarán a opción que elixen antes da
data oficial do exame. O resto dos alumnos examinaranse de toda a materia mediante dous exames escritos que abarcarán a parte teórica (50%) e a parte práctica (50%). |