A) No caso de que o alumno acóllase á avaliación continua: 1. Será obligatoria a asistencia ás clases prácticas de laboratorio e en aula informática, así como ás clases en grupos reducidos. Para que as clases en grupos reducidos sexan evaluadas, será obligatoria a presentación, individual ou en grupo, dunha memoria escrita e a realización dunha exposición oral. A cualificación global obtida da avaliación das clases prácticas e en grupos reducidos é do 30% da cualificación total da asignatura. 2. O resto da asignatura será evaluado a través de tres puntuables que conterán resolución de problemas, ademais de poder conter cuestións de resposta curta. Estes tres puntuables suman o 70% da cualificación total da asignatura. O primeiro puntuable será en torno á semana 6 de impartición da asignatura, e o segundo en torno á 10. Ambos puntuables durarán unha hora aproximadamente, e cada un correspóndese cun 15% da cualificación total da asignatura. Antes de realizar o segundo puntuable, o alumno deberá tomar a decisión de acollerse ou non á avaliación continua, ou ser evaluado no exame final. O terceiro puntuable realizarase coincidindo co exame final dos alumnos que non se acolleron á avaliación continua. Este puntuable é o máis importante, e obligatorio para os alumnos de avaliación continua; e correspóndese cun 40% da cualificación total da asignatura. Para aprobar a asignatura o alumno deberá obter neste
terceiro puntuable unha nota igual ou superior ao 30% da cualificación total do puntuable. De non ser así, non se lle contabilizará na súa cualificación total da asignatura as notas obtidas nas prácticas (en laboratorio e en aula informática)
e no traballo do grupo C. B) No caso de que o alumno non se acolla á avaliación continua, teríase en conta únicamente a nota obtida no exame final: na resolución de problemas (na súa versión extensa) e na contestación a preguntas de resposta curta relacionadas con: a parte teórica, e as prácticas de laboratorio e en aula informática. Segunda Convocatoria (Xullo): En xullo presentaranse os estudantes que non superen a materia na primeira convocatoria, debendo realizar un
exame das mesmas características que o descrito na opción B. En particular, os estudantes que na convocatoria anterior elixiron evaluación continua y que queiran conservar as cualificacións obtidas nas clases prácticas (laboratorio experimental e aula informática) e no traballo realizado nas clases de grupos reducidos (que terá un peso conxunto de ata un 30% da nota total da asignatura) realizarán unha versión reducida do exame indicado no párrafo anterior (que terá un peso de ata o 70% da nota total da asignatura). |