Prácticas de laboratorio |
Coa axuda de distintos equipos/compoñentes de medida de microondas, analizaranse distintos dispositivos/circuítos pasivos e activos de microondas en tecnoloxía microstrip. Definiranse e evaluarán diversas figuras de mérito e outras ferramentas que se utilizarán na caracterización experimental destes compoñentes.
Realizarase unha introdución aos analizadores lineales de redes. Describirase o seu uso e proceso de calibración.
Se evaluará o traballo do alumno nestas horas de práctica:
1. En avaliación continua: mediante preguntas curtas a entregar por escrito ao final dalgunhas das sesións, e en todos ou algún dos tres puntuables de resolución de problemas.
2. En avaliación única con exame final: mediante cuestións relacionadas co traballo realizado nas prácticas experimentais.
Nestas prácticas se traballan as competencias: A5, A32, A33, A34
|
Prácticas en aulas de informática |
Con a axuda dun simulador comercial de circuítos de microondas, analizaranse distintos compoñentes pasivos (redes de adaptación, filtros, acopladores, etc.) e activos (diodos e transistores), e circuítos amplificadores, de acordo co capítulo 8 da asignatura. Definiranse e evaluarán diversas figuras de mérito e outras ferramentas que se utilizarán na análise destes compoñentes.
Se evaluará o traballo do alumno nestas horas de práctica:
1. En avaliación continua: mediante preguntas curtas a entregar por escrito ao final dalgunhas das prácticas, e en todos ou algún dos tres puntuables de resolución de problemas.
2. En avaliación única con exame final: mediante cuestións relacionadas co traballo realizado nas aulas de informática.
Nestas prácticas se traballan as competencias: A4, A32, A33, A34 |
Traballos tutelados |
O alumno, de forma individual ou en grupo, estudará e desenvolverá un tema teórico ou un determinado deseño práctico, que logo será presentado mediante unha memoria por escrito e mediante unha exposición oral.
Neste traballo se exercitan as competencias: A9, A4, A5, A32, A34 |
Sesión maxistral |
Se impartirá en aula coa axuda de pizarra e canón de vídeo.
Describirase en detalle e explicará a maior parte dos conceptos contidos nos capítulos do programa da asignatura. Describirase a resolución dalgúns problemas.
Competencias: A3, A32, A33 |