Prácticas de laboratorio |
Os estudantes terán ocasión de acudir a tutorías personalizadas no despacho do profesor no horario que os profesores establecerán para ese efecto a principio de curso e que se publicará na páxina web da materia. En ditas tutorías, resolveranse as dúbidas xurdidas aos estudantes sobre:
Os contidos impartidos nas sesións maxistrais e orientaráselles como abordar o seu estudo.
O desenvolvemento das prácticas de laboratorio e o software empregado.
Os problemas e/ou exercicios propostos e resoltos no aula así como doutros problemas e/ou exercicios que poidan aparecer ao longo do estudo da materia. |
|