Código |
Descrición |
A1 |
CG-1. Desenvolver a habilidade para acadar unha comprensión sistemática dos coñecementos pertinentes, o seu contexto externo e a forma en que se xestionan os recursos. |
A2 |
CG-2. Habilidade para a aplicación dos coñecementos necesarios a unha serie de situacións complexas, tendo en conta a súa relación e a interacción con outras áreas da empresa. |
A3 |
CG-3. Habilidade para obter unha conciencia crítica de cuestións de actualidade en materia de finanzas. |
A4 |
CG-4. Habilidade para acadar unha comprensión das técnicas apropiadas suficiente para permitir a detallada investigación nos negocios e cuestións de xestión financeira. |
A5 |
CG-5. Habilidade para desenvolver a creatividade na aplicación dos coñecementos, xunto cunha comprensión da práctica de técnicas de investigación no coñecemento das decisións financeiras. |
A6 |
CG-6. Habilidade para adquirir e analizar datos e información, e para avaliar a súa adecuación, e habilidade para sintetizar a serie de información no contexto de novas situacións. |
A8 |
CG-8. Habilidade para comunicarse de xeito efectivo tanto oralmente como por escrito. |
A9 |
CG-9. Habilidade para traballar eficazmente en equipo e tomar roles de liderado, no seu caso. |
A10 |
CG-10. Habilidade para aplicar de forma uniforme os seus coñecementos sobre temas específicos e habilidades intelectuais en finanzas. |
A11 |
CG-11. Habilidade para facer fronte a cuestións complexas, de forma sistemática e creativa, e saber comunicar as súas conclusións claramente a todo tipo de audiencias. |
A12 |
CG-12. Habilidade para ser proactivos no recoñecemento da necesidade dun cambio na xestión empresarial e ter a capacidade de xestionar o cambio. |
A13 |
CG-13. Habilidade para ser adaptable, e mostrar orixinalidade, perspicacia e crítica nas situacións problemáticas. |
A14 |
CG-14. Habilidade para tomar decisións en situacións complexas e imprevisibles. |
A15 |
CG-15. Habilidade para avaliar e integrar a teoría e a práctica nunha ampla gama de situacións. |
A17 |
CG-17. Habilidade para asumir a responsabilidade de seguir desenvolvendo os seus propios coñecementos. |
A21 |
CE-4. Habilidade para desenvolver técnicas de análise para a planificación e o control de actividades e obter os resultados derivados do proceso de aprendizaxe das devanditas técnicas de análise. |
A22 |
CE-5. Habilidade para estudar alternativas de financiamento e obter resultados derivados da aprendizaxe de seleccionar fontes financeiras. |
A26 |
CE-9. Habilidade para operar nos mercados financeiros. |
A28 |
CE-11. Habilidade para aplicar as técnicas cuantitativas ás finanzas. |