Sesión maxistral |
En cada sesión, o docente presentará as cuestións más relevantes de cada tema. Formulará a metodoloxia a seguir para interpretar as consecuencias e os efectos económicos da norma tributaria e resaltará a súa aplicación práctica |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Cada semana, despois da sesión maxistral, abrirase un prazo para respostar a un formulario práctico dixital (de resposta curta ou test) na plataforma Faitic. Trátanse de actividades non presenciais que posibiliten o seguimento e avaliación do/a alumno/a e o seu preceso de aprendizaxe.
|
Estudo de casos/análises de situacións |
En cada sesión proporanse casos a estudiar en grupos reducidos (máximo 3 alumnos) conformados ó inicio de curso.
Cada grupo deberá comentar, resolver e defender os casos plantexados.
Os alumnos disporán previamente dos enunciados dos casos a través Faitic e deberán elaborar unha primeira proposta de solución xustificada que deberá ser entregada a través de Faitic antes do desenvolvemento da sesión presencial. |