Prácticas en aulas de informática |
Nestas sesións utilizaremos o programa estatístico SPSS, aplicando as técnicas introducidas nas clases teóricas a distintos conxuntos de datos. Despois dunha primeira parte guiada, cada alumno deberá resolver, utilizando o programa SPSS, os exercicios propostos pola profesora. O ficheiro de resultados xerado deixarase na plataforma Tema para a súa corrección e cualificación |
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Os alumnos deberán resolver pola súa conta todos os exercicios do boletín de problemas. A solución aos problemas non comentados en clase, poderase presentar, solicitar e discutir a través dos Foros de Exercicios incluídos no espazo virtual da materia na plataforma Tema. |
Sesión maxistral |
Nas clases de teoría presentaranse e desenvolveranse os contidos de cada tema, acompañados dos exemplos necesarios para facilitar a asimilación dos conceptos básicos e a aplicación dos métodos estatísticos introducidos.
Con anterioridade ao comezo de cada tema, proporcionarase os alumnos, a través da plataforma Tema, un boletín de problemas, dos cales a profesora resolverá en clase algúns exercicios tipo. |