Educational guide 2014_15
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Xestión do coñecemento e a innovación tecnolóxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo consiste na elaboración dun plan de innovación seguindo o modelo proporcionado polo profesor e dispoñible en FAITIC. Serán criterios de avaliación dos traballos os seguintes:
PRESENTACIÓN FORMAL:
O índice estará o máis desagregado posible e indicará a páxina na que se atopa cada item.
Todas as cifras incluídas en texto, cadros, gráficos e figuras deberán explicitar a fonte.
As citas literais deberán ir entre aspas e acompañadas da fonte da que se extraen. Se non son literais, citarase só a fonte. A detección dun plaxio será castigada coa maior das sancións segundo os Estatutos da Universidade de Vigo.
As fontes -documentais, orais, informáticas...- deberán recollerse todas nun apartado final.
NIVEL E CALIDADE DA PROFUNDIZACIÓN TEMÁTICA
CAPACIDADE DE ANÁLISE
Estructuración e análise crítica da información
Orixinalidade e rigorosidade argumental
EXPOSICIÓN FINAL
Fluidez da presentación
Capacidade de convicción
40
Outros Actitude proactiva na aula e lecturas complementarias. 10
Probas de tipo test O exame constará de 20 preguntas tipo test de resposta única, con 4 respostas posibles. Cada pregunta correcta suma 1 punto e cada erro resta 0.33 puntos.
Esta proba tipo test poderá sustituirse nalgunha das convocatorias por dez enunciados sobre os que o/a estudante deberé mostrar o seu acordo ou desacordo, e explicar os argumentos da súa resposta. Existen exemplos de ámbolos dous tipos de exames en faitic.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia é necesario aprobar o test e o traballo de
maneira independente.  É necesario obter un 50% da nota no traballo, por
tanto, así como un 50% da nota na proba tipo test. Estes son os mínimos para aprobar a materia.

Por
outro lado, a puntuación pola participación e realización de todas as
tarefas definidas mantense nas convocatorias do curso académico e non se
gardará para cursos sucesivos.

Calquera estudante que participe
no 15% das probas de avaliación do programa non poderá figurar nas
cualificacións finais como "non presentado".

DATAS DOS EXAMES, CURSO 2014-2015:

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE FIN DE CARREIRA: 22 de outubro de 2014, ás 13:00 h.

CONVOCATORIA ORDINARIA DO PRIMEIRO CUADRIMESTRE: 08 de xaneiro de 2015, ás 10:00 h.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: 13 de xullo de 2015, ás 13:00 h.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000