Sesión maxistral |
As sesións maxistrais forman parte das Actividades Básicas da Materia. En cada unha das sesións, o profesorado desenvolverá os contidos do Programa. Tomárase como punto de partida as preguntas destacadas en cada un dos temas, así como os resultados e conclusións que se vaian acadando simultaneamente nas outras actividades docentes relacionadas co tema.
Será labor do docente aportar as ideas centrais e e criterios de organización e interpretación da información necesarios para que o estudante conteste individualmente ás preguntas relevantes.
Para asegurar o seguimento e comprensión e valorar a asistencia, ao finalizar á lección maxistral, o estudante deberá responder na propia aula a un Cuestionario de Autoavaliación, que poderá logo revisar e mellorar mediante o seu traballo persoal. |
Prácticas de laboratorio |
As prácticas de laboratorio forman parte das Actividades Básicas. As sesións prácticas terán lugar nas aulas de informática. En cada unha delas o alumnado realizará un exercicio en que deberá aprender a manexar información estatística para o estudo da economía mundial e de España.
Con ditos exercicios o estudantado aprenderá a organizar a información e a sintetizar os datos en indicadores relevantes (PIB, poboación, PIB per cápita, coeficiente de apertura, taxa de actividade, taxa de desemprego, gasto público, produtividade etc.). Iso esixirá a realización de cálculos (taxas de variación, números índice, actualización de variables monetarias, taxas de participación) e a súa representación gráfica.
En cada sesión práctica, o estudante deberá responder a un cuestionario de autoavaliación e resumir os principais resultados mediante unha breve redacción.
Posteriormente, cada estudante deberá mellorar os resultados das prácticas presenciais mediante a realización de actividades de traballo persoal (cuestionarios e exercicios de redacción).
|
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Durante o curso, proporáselle cada semana ao alumnado un conxunto de actividades para reforzar o proceso de aprendizaxe das sesións teóricas e prácticas. Unha parte terá a consideración de Actividades Básicas, que o estudante deberá realizar para poder superar a materia pola vía da Avaliación Continua. Outras, denominadas Actividades Complementarias, terán carácter voluntario e permitirán ao estudante mellorar a súa cualificación final.
Ambos os dous tipos de actividades poden incluir a realización de exercicios numéricos, cuestionarios, lecturas e redaccións. Trátase sempre de actividades de traballo persoal (non presencial). Mediante as ferramentas da plataforma Tem@, cada actividade proposta irá sempre acompañada dun cuestionario de autoavaliación e unha redacción que sintetice os conclusións principais. Os resultados da actividade deberán quedar gravados na Plataforma Tem@.
|