Guia docente 2014_15
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas Estranxeiras
 Materias
  Estratexias de Innovación Docente no Campo das Linguas Estranxeiras
   Competencias de titulación
Código Descrición
A35 Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A36 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A38 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A39 Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A40 Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A42 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A44 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A45 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
B1 Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
B2 Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000