Sesión maxistral |
Explicación de cada un dos núcleos temáticos dos contidos da materia. O profesor dedica estas sesións a expor e explicar os contidos da materia. Todo o material que se utilice será de libre acceso para o alumnado |
0 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Realizaranse en pequeno grupo baixo a supervisión e apoio do profesor |
0 |
Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento axeitado. Aquel alumnado que non conte coa citada porcentaxe de asistencia, terá que realizar un exame nas datas establecidas oficialmente para a primeira convocatoria e, se é o caso, para a segunda.Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos progrqamados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres. Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares. O alumnado que se puido acoller ao sistema de avaliación continua na primeira convocatoria, poderá optar por realizar as actividades pendentes de avaliación positiva ou pola realización dun exame. Gardarense as cualificacións positivas acadadas na primeira convocatoria, que se promediarán coas obtidas nesta, de acordo coas porcentaxes indicadas anteriormente. Dito alumnado tamén poderá optar por realizar un exame. |