Guia docente 2014_15
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Formación Profesional. Servizos
 Materias
  Innovación Docente e Iniciación á Investigación na Formación Profesional
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución e posterior presentación de situacións problemáticas e prácticas propostas polo profesorado ou suxeridas polo alumnado. 20
Traballos de aula Guía de exercicios e/ou plataforma dixital FAITIC para a súa presentación. Neste epígrafe valórase a asistencia activa ás clases 20
Estudo de casos/análises de situacións Lectura e posterior análise de forma individual e/ou grupal de artigos e outro tipo de documentación 10
Traballos e proxectos Memoria do proxecto e, de se-lo caso, defensa oral 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Para acadar unha avaliación continua positiva, dada a modalidade de ensino presencial do Master, esíxese a todo o alumnado unha asistencia dun mínimo do 80% ás sesións, ademais da realización e entrega de tarefas ponderables.


 - Os prazos de entrega das actividades, traballos, etc. serán comunicados o primeiro día de clase coa presentación do programa da materia.


- O alumnado que non obteña unha avaliación continua positiva, sobre os parámetros expostos anteriormente, e teña presentado o proxecto de innovación educativa e/ou investigación), poderá presentarse a unha proba escrita (data marcada no calendario do mestrado para exames oficiais) sobre todos os contidos traballados. Esta proba estará baseada na rigorosidade e afondamento nos coñecementos e competencias acadadas polo alumnado na materia e terá una ponderación de 5 puntos (50% da nota final).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000