Guia docente 2014_15
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Vigo): Ciencias Experimentais. Matemáticas e Tecnoloxía
 Materias
  Didáctica da Tecnoloxía e Informática na Educación Secundaria
   Competencias de titulación
Código Descrición
A2 Coñecer o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
A13 Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino.
A35 Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A36 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A37 Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A38 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A39 Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A40 Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A41 Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A42 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A44 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A45 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
A46 Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
B1 Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
B3 Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000