Guia docente 2014_15
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Experimentais. Bioloxía-Xeoloxía; Física e Química
 Materias
  Didáctica das Ciencias Experimentais na Educación Secundaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Actividades introdutorias A análise das probas iniciais propias, por cada persoa alumna e a súa avaliación fundamentada. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Todas as persoas alumnas realizarán individualmente unha proba escrita con preguntas abertas, na que deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia con respostas extensas; cara a avaliar as competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. 50
Informes/memorias de prácticas A presentación dun caderno de aula, a xeito de informe - memoria co rexistro e a análise de todas actividades realizadas ao longo do desenvolvemento da materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Criterios principais de cualificación.


Estruturación coidada
dos textos producidos e dos discursos formulados.


Pertinencia
das actividades prácticas e das investigacións propostas e a súa
aplicabilidade na aula-laboratorio, segundo a etapa – curso
destinada.


Estruturación
comprensiva dos coñecementos da materia e das competencias da etapa
educativa, relacionándoa coa futura práctica docente.


Formación en técnicas
de traballo intelectual e de habilidades experimentais que permitan
manexar axeitadamente os recursos y equipamentos didácticos das
aulas-laboratorios dos centros educativos de secundaria.


O coñecemento de
metodoloxía para a ensinanza das ciencias experimentais

Situacións singulares.

Aquelas persoas alumnas que non poidan asistir ás clases presencias, e teñan disculpa xustificada pola dirección do mestrado, debrerán realiizar as seguintes accións:

1º)- Realizar un traballo de investigación sobre algúns dos ámbitos temáticos da materia, segundo proposta consensuada co profesor, o que suporá o 50% da cualificación.

2º)- Realizar a proba presencial de resposta a prob a de resposta longa, de desenvolvemento; que representará o 50% da cualificación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000