Guia docente 2014_15
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Experimentais. Bioloxía-Xeoloxía; Física e Química
 Materias
  Didáctica das Ciencias Experimentais na Educación Secundaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. O alumnado tomará notas de aula e fará o desenvolvemento destes contidos ampliando aqueles aspectos máis significativos.
Seminarios Actividades de aula, enfocadas ao traballo en pequeno grupo, sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia formulados nas sesións maxistrais. Serán empregados como complemento ás clases teóricas para propiciar o traballo colaborativo en equipo.
Obradoiros Actividades experimentais enfocadas á adquisición de coñecementos e habilidades manipulativas e instrumentais sobre o equipamento e os recursos didácticos das aulas - laboratorio en educación secundaria. O alumnado, coa asistencia específica por parte do profesor, formulará e desenvoverá, individuailmente ou en pequeno grupo, as experiencias prácticas propostas.
Estudo de casos/análises de situacións O profesor forumlara unha situación - problema da docencia práctica real na aula, e o alumnado, a partir da súa análise,tratará de interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Presentacións/exposicións O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo, fara a exposición ante o grupo - clase dun tema sobre a temática da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto.
Debates Charla aberta entre os membros do gran grupo - clase, coa participación de todos e cada un das persoas alumnas, sobre un tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral.
Traballos de aula Cada alumna e cada alumno desenvolve exercicios ou proxectos, na aula, baixo as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvementos con actividades autónomas do estudante.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación docente dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa didáctica da materia obxecto de estudo. Desenvolveranse na aula - laboratorio docente, con equipamento didáctico especializado.
Prácticas en aulas de informática O alumnado, mediante o emprego dos seus ordenadores portátiles ou, de selo caso, cos equipos de apoio da aula - laboratorio resolverá actividades de aplicación docente da coñecementos a situacións de aula concretas, e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo, desenvolvidas mediante visulaizacións infográficas e simulacións interactivas con software educativo.
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual, elaborará un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a toma de contacto e a reunir información sobre o alumnado; así como a presentar a materia. O alumnado responderá a cuestionarios sobre cognicións previas sobre os contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000