Guia docente 2014_15
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Experimentais. Bioloxía-Xeoloxía; Física e Química
 Materias
  As Ciencias Experimentais na Educación Secundaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Saídas de estudo/prácticas de campo Os contidos do tema 5 referidos ás prácticas de campo serán avaliados mediante a realización de exercicios aplicados á realización do traballo práctico (avaliación baseada en problemas). 20
Prácticas de laboratorio Os contidos do tema 5 referidos ás prácticas de laboratorio/gabinete serán avaliados a través da presentación e defensa do traballo práctico realizado por cada grupo, así como o debate final (avaliación baseada na aprendizaxe). 15
Presentacións/exposicións Os contidos do tema 5 referidos ás prácticas de laboratorio/gabinete serán avaliados a través da presentación e defensa do traballo práctico realizado por cada grupo, así como o debate final (avaliación baseada na aprendizaxe). 15
Sesión maxistral Os temas 1 a 4 avaliaranse mediante avaliación continua con probas de traballo escrito, escrito/oral e escrito/oral/experimental. Moitos dos traballos presentados serán cualificados polo propio alumnado nun proceso de avaliación por pares mediante unha rúbrica. Os criterios de cualificación estarán ponderados entre a asistencia e participación (40%) e as mencionadas tarefas de avaliación continua (60%). 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Levárase a cabo unha
avaliación continua baseada na asistencia ás clases maxistrais e na calidade dos
resultados asociados ás tarefas propostas que se realizarán esencialmente a
través da plataforma TEMA da Universidade de Vigo. Se fora necesario poderase
realizar un exame complementario final tipo test con material empregado durante
o curso e facilitado polo profesorado. Moitos dos traballos presentados serán
cualificados polo propio alumnado nun proceso de avaliación por pares mediante
unha rúbrica.

Nas prácticas de campo e laboratorio/gabinete a obxectivación
da avaliación continua será feita mediante o uso de rúbricas, que se publicarán
na plataforma TEMA ao principio do curso co fin de que todos os alumnos coñezan
os diferentes items e o valor outorgado a cada un deles.

No caso de que algún alumno non participe nas
actividades de aula, campo ou laboratorio, nin se integre nalgún dos grupos de
traballo terá a opción a realizar unha proba final escrita que valerá o 100% da
nota.



Na segunda convocatoria realizarase un exame final co
material empregado durante o curso e facilitado polo profesorado.

As
datas, horario e o lugar das probas de avaliación poderán consultarse na web do Máster: http://mpe.uvigo.es/

Tribunal extraordinario para 5ª, 6ª e 7ª
convocatoria:

Presidente:
José Benito Vázquez Dorrío

Secretaria:
Mª Luisa Castro Cerceda

Vocal:
Josefina Garrido González

Presidenta
suplente: Mª Mercedes Álvarez Lires

Secretario
suplente: Pedro Membiela Iglesias

Vocal
suplente: Manuel Vidal López

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000