Prácticas de laboratorio |
Avaliación do informe/memoria das prácticas realizadas. Valorarase a estrutura do traballo, contido, resultados obtidos, análise dos datos e interpretación de resultados.
|
25 |
Os contidos da materia abarcan aspectos básicos sobre tres elementos do medio físico e a súa relación coa Bioloxía. A ponderación de cada un deles na avaliación da materia é a seguinte: Solo (60%), Medio Acuático (20%) e Clima (20%). Cada unha das actividades valorarase nunha escala do 1 ao 10 que logo será ponderada para obter a puntuación final.
Realizarase unha proba parcial a metade do curso (26 de Marzo de 16 a 18 h) sobre os contidos do temario teórico do módulo de Solo. Esta proba é eliminatoria se se alcanza como mínimo unha puntuación de 4. No exame final (22 de Maio as 9:00 h) será necesario obter unha cualificación de 4 en cada un dos módulos para poder superar a materia.
As cualificacións obtidas nas prácticas e nos seminarios manteranse na convocatoria extraordinaria, na cal únicamente se realizará o exame escrito, na data establecida polo Centro (10 de Xullo as 9:00 h). Os criterios de valoración serán os mesmos que para a primeira convocatoria.
Os alumnos repetidores que teñan aprobadas as prácticas e os seminarios non terán que repetilos de novo, conservándose a cualificación do curso anterior. |