A avaliación tentará recoller e valorar todos aqueles aspectos relacionados co alumnado respecto ao campo conceptual, procedimental, actitudinal e relacional. Está deseñada en función das seguintes características: formativa, continua, integral e final. Por tanto, afecta a todo o proceso de ensino-aprendizaxe. A CUALIFICACIÓN FINAL da materia resultará da integración das distintas notas das actividades propostas. Deberán ter superadas todas as partes para obter unha cualificación positiva. Os alumnos/as que non realicen todas as actividades de avaliación obterán a cualificación final de suspenso, aínda que algunhas actividades estean aprobadas. Se o alumno/a realiza só algunhas das actividades do curso terán a cualificación de suspenso. Cando o alumno necesite de máis dunha convocatoria para superar a materia, gardaranse notas parciais durante a segunda convocatoria; é dicir, na convocatoria extraordinaria de xullo manteranse aquelas notas parciais que o alumnado teña superadas, e só se presentarán a aquelas que non superaron. A revisión farase no despacho da profesora.
|