Establécense dous sistemas de avaliación. O primeiro sistema de avaliación, de natureza continua, esixe un mínimo de
asistencia do 80% ás sesións presenciais. Tal sistema de avaliación
baséase na realización dunha proba presencial vinculada ás actividades abordadas nas sesións e dúas tarefas presenciais (agás, neste último caso, que se concerte co alumnado outra opción). Por unha banda, as actividades e a proba presencial representan o 60% da
nota final. A devandita proba presencial, que se ha facer o día 3 de decembro
de 2014, consiste en exercicios de pretradución e/ou tradución sobre textos
vistos nas sesións de traballo, sen posibilidade de utilizar por tal motivo
material auxiliar. Por outra banda, as dúas tarefas proporcionan cada unha delas un 20% da nota
final. O segundo sistema de avaliación, destinado ao alumnado que non asiste de
xeito frecuente para a convocatoria da primeira edición de actas e tamén para a convocatoria da segunda edición de actas,
é unha proba única de pretradución e/ou tradución referida aos contidos do
programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais lexicográficos
en formato papel. A data da convocatoria da primeira edición de actas é o día 3 de decembro de 2014,
mentres que a data da convocatoria da segunda edición de actas será fixada polo Decanato. A copia ou plaxio nas tarefas e/ou na proba terá como consecuencia unha valoración
final negativa. |