PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS Esta materia é presencial e a súa avaliación continua. No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día en que se matricule un xustificante especificando este particular. Nese caso, presentarase ao exame de final de cuadrimestre e/ou xullo que abarcará todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (para que as partes (teórica e práctica) fagan media, é necesario obter un mínimo de 2,5 sobre 5 en cada parte). O exame realizarase na lingua termo da combinación da materia, a data acordarase co alumnado e publicarase con tempo suficiente na plataforma de docencia Faitic. Aos que sigan o sistema de avaliación continua gardaránselle para a convocatoria de xullo as partes superadas. As partes aprobadas só gardaranse ata a edición de xullo. CONVOCATORIA DE XULLO Exame final na data establecida polo centro que abarcará todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (para que as partes (teórica e práctica) fagan media, é necesario obter un mínimo de 2,5 sobre 5 en cada parte). O exame realizarase na lingua termo da combinación da materia. Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha dos seus partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0. |