(A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS a) Avaliación continua Para a avaliación continua computarán os
seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes
equivalentes da cualificación final): (1) Dúas probas parciais (60%), que puntuarán
un 30% cada unha, sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, incluíndo
as lecturas obrigatorias. A primeira abarcará os 3 primeiros temas e terá lugar
na sesión teórica da semana inmediatamente posterior á finalización do tema 3;
a segunda proba terá lugar na sesión teórica da derradeira semana do período
lectivo e abarcará os restantes temas. As datas das probas serán recordadas a
través da plataforma Tema e na aula coa debida antelación. (2) Un traballo escrito coa súa
correspondente presentación oral (40%). Poderá ser un traballo individual ou en
parellas, segundo anuncie a profesora. b) Avaliación única O alumnado que non realice as probas parciais e mailo traballo escrito será avaliado en base a un único exame final que
computará coma o 100% da cualificación. O exame abarcará todos os contidos
explicados ao longo do primeiro cuadrimestre, incluíndo as lecturas
obrigatorias. A celebración do exame único terá lugar na sesión teórica da
derradeira semana do período lectivo. A data e hora serán recordadas a través
da plataforma Tema coa debida antelación. (B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) O alumnado que non supere a avaliación na primeira edición de actas deberá presentarse á
segunda edición de actas de xullo, na que será avaliado en base a un único
exame final. O devandito exame abarcará todos os contidos do programa, incluíndo as lecturas obrigatorias, e computará
como o 100% da cualificación. O exame terá lugar na data oficial publicada polo decanato da FFT. N.B.: En caso de calquera tipo de plaxio a
cualificación final será de suspenso. |