O plaxio total ou
parcial en calquera tipo de traballo suporá un 0 nese traballo. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade. Se algunha alumna/o
non pode asistir regularmente por motivos xustificados e prefire realizar
exclusivamente os exames, deberá comunicarllo ás profesoras argumentadamente
nas primeiras dúas semanas do curso. Nese caso, será avaliada/o exclusivamente
mediante os exames fixados para a materia, cada un deles computará un 50% da
cualificación final, e non se considerará o traballo realizado na aula. A
escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas
sempre que sexa posible, o cal se recomenda encarecidamente. Igualmente, o
alumnado que non asista ás clases será responsable de manter un contacto
continuado coa materia a través de Faitic e de presentarse aos exames nas datas
establecidas, que se anunciarán en Faitic ao inicio do cuadrimestre. O primeiro exame terá lugar na semana do 9 ao 13 de marzo. O
segundo exame terá lugar na semana do 27 ao 30 de abril. A data exacta
publicarase en Faitic e máis no Cronograma da materia ao inicio do
cuadrimestre. Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación levarase a
cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará
preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a
correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar
na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas e
titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe. |