Traballos tutelados |
Traballos escritos nos que se constrúan sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, e empregando evidencias textuais, contextuais e críticas que corroboren ditos razoamentos. |
40 |
Este proceso de avaliación está deseñado para o alumnado que asista regularmente ás clases. Aquelas persoas que, excepcionalmente e por algunha causa xustificada, non poidan asistir ao 80% das sesións presenciais, deberán comunicarllo ao profesor da materia ao principio do cuadrimestre. Deberán entregar dous traballos escritos e facer o exame como o resto do alumnado. Tamén deberán facer unha proba oral con preguntas sobre os textos de lectura obrigatoria, que suporá un 20% da nota final. O profesor informará do tipo de traballos a realizar e das datas de entrega tanto destes como dos seminarios suxeitos a avaliación con suficiente antelación. Para a segunda edición de actas, en xullo, o alumnado que non aprobe algunha das partes nas que se divide a avaliación poderá volver a intentalo na data establecida pola Xunta de Facultade, podendo conservar as outras notas. O tipo de traballos e exame escrito serán semellantes aos da primeira edición, e contarán de novo un 40% respectivamente da nota final. A avaliación por participación en debates farase por medio dunha proba oral con preguntas sobre os textos de lectura obrigatoria (20% restante). |