O alumno debe escoller a principio de
curso o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación única.
Recoméndase, en todo caso, o primeiro deles. Na avaliación continua a condición para
ser avaliado será a asistencia a un 80% das aulas. Se algún alumno non
pode cumprir este requisito terá que falar coa profesora nun prazo de dúas
semanas e xustificar a súa ausencia. Neste caso (non cumprir o
requisito de asistencia) a avaliación será única mediante un exame ó final do
cuadrimestre no que a cualificación
suporá o 60% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun
tema e contestar a varias preguntas relacionadas co temario. O 40%
restante será completado a través dun traballo obligatorio, a convir coa
docente, que os alumnos deberán entregar como data límite na fixada para a
realización da proba escrita. O alumno que incumpra as condicións esixidas para
a avaliación continua será avaliado ó final do cuatrimestre mediante un exame no
que a cualificación suporá o 60% da nota final. Esta proba consiste no
desenvolvemento de un tema e contestar a varias preguntas relacionadas co
temario. O 40% restante será completado a través dun traballo obligatorio, a
convir coa docente, que os alumnos deberán entregar como data límite na fixada
para a realización da proba escrita. Todas as probas de avaliación se realizará dentro
do período de docencia. Na segunda edición das actas (xullo) a
avaliación será mediante un exame final no que a cualificación
suporá o 100% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar a
varias preguntas relacionadas co temario. Non
se admitirán os traballos fóra do prazo indicado pola profesora e non
se tolerará o plaxio das actividades baixo ningunha circunstancia,
moi especialmente a copia directa de internet e, especialmente, de wikipedia. |