Traballos de aula |
O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na
aula baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante. |
Estudo de casos/análises de situacións |
Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións da situación, etc. |
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma. |
Eventos docentes e/ou divulgativos |
Conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por poñentes de prestixio, que permiten profundar ou complementar os contidos da materia. |