Guia docente 2014_15
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Animación en contornas dixitais e multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas en aulas de informática 10 actividades prácticas sinxelas, a realizar en clase de informática. Cada alumno, a través da plataforma Faitic, disporá de 1 semana para completala, se non o fixo durante a clase

As actividades entregadas con atraso (máximo de 1 semana) penalizaranse coa metade da cualificación. NON se terán en conta neste apartado as actividades entregadas fóra do prazo anterior (1 semana)

O alumno que a través destes traballos demostre unha especial aptitude para o deseño e animación de personaxes, poderá ver incrementada a súa cualificación ata un 10% adicional
20
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma

O traballo práctico de animación cualifícase cun 30% da cualificación total

Na proposta de traballo definiranse os criterios de cualificación
30
Probas de resposta curta Exámen, de respostas curtas ou tipo test, para comprobar os coñecementos que adquiriu o alumno sobre os conceptos teóricos da materia.
Poderase dividir en varias probas parciais, para distribuír o contido, en consonancia cos criterios de avaliación contínua
20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba práctica de resolución de exercicios similares aos efectuados en clase 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1 - É obrigatoria a asistencia ás clases de laboratorio de informática  para poder entregar a actividade práctica correspondente. Admitirase, para cada alumno, un máximo de 3 ausencias, durante as cales se poderá entregar a actividade aínda faltando á correspondente clase. Por encima dese número, valoraranse unicamente as actividades entregadas con asistencia

2 - Co obxecto de que, aínda non asistindo ás clases prácticas, un alumno poida obter a máxima cualificación, todo estudante poderá solicitar, se lle beneficia, a anulación da súa cualificación de Prácticas na aula de Informática. Neste caso, a Proba Práctica terá un peso do 50% na cualificación final

 

3 - Na segunda edición das actas (xullo), a cualificación efectuarase polo mesmo procedemento. No entanto, o alumno que non supere o exámen práctico poderá optar pola realización dun traballo, igualmente de índole práctica. A cualificación do último apartado, neste caso, será a nota media do exámen práctico da primeira convocatoria e do traballo práctico da 2ª

 

4 - Aínda cando só contribúen cun 50% global á cualificación final, unha nota inferior a 4 nas probas de teoría ou práctica (os 2 últimos apartados), significarán o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Manterase, no entanto, a cualificación da parte aprobada para a edición de xullo. En ningún caso conservarase ningunha cualificación para anos académicos posteriores

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000