Guia docente 2014_15
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía do cambio social e cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de test de control e de recensións escritas sobre as lecturas ou materiais audiovisionais marcados semanalmente.
Os test realizaranse no tempo das clases prácticas, e das recensións haberá que subir evidencias a plataforma de teledocencia. Ao final do cuadrimestre as recensións entregaranse nun porfolio impreso ao docente.
30
Traballos e proxectos Resolución dun traballo grupal, nun grupo de non máis de tres alumnos, sobre un tema introducido polo docente, e que haberá que expoñer públicamente nunha clase presencial. 15
Probas de resposta curta Nas convocatorias oficiais de exame resolverase un exercicio que combina preguntas tipo test e de respostas breves sobre os contidos impartidos no cuadrimestre. 55
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É preciso acadar un 4 nos exames das convocatorias oficiais para facer media ponderada co resto de cualificacións obtidas polo alumno.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000