Presentations / exhibitions |
Neste apartado teráse en conta a presentación pública dos traballos tutelados, así como a presentación e debate ou posta en común en aula (A) dos exercicios e dos seminarios (C).
O valor da exposición dos traballos e das exposicións orais en aula e seminarios poderá chegar a representar o 20 do total final. O reparto é a partes iguais entre os tres tipos de presentacións. |
20 |
Seminars |
Cada grupo C terá 8 sesións de seminario (horas C) ao longo do cuadrimestre.
Para o seu desenvolvemento será preciso que o alumnado se documente previamente. Nas sesións de seminario cada participante intervirá presentando as conclusións ás que chegara, de modo que se comparta coñecemento e se debata en grupo. O traballo realizado para estas sesións fará parte da avaliación. |
10 |
Portfolio / dossier |
No cartafol/dosier irase plasmando o traballo realizado durante o curso: exercicios, pescudas, comentarios, reflexións, incluso partes específicas do traballo realizado para a investigación en grupo que non tiveran entrada no mesmo.
Irase revisando na titoría ao longo do cuadrimestre a pedimento do alumnado ou da docente.
O valor do cartafol poderá supor na nota final ata un 30 por cento.
Comporán esa cualificación tres elementos:
- o recompilado para os seminarios (contemplado xa co 10 por cen no apartado correspondente)
- o recompilado como traballo voluntario (contemplado xa no apartado correspondente cun 10 por cen)
- o recompilado como exercicios de final dos temas elaborados para preparar mellor as probas de coñecemento, esta é a porcentaxe que se consigna neste apartado e que representa o 10. |
10 |