Projects |
Ao longo do curso, o profesor proporá un mínimo de catro tarefas que integrarán o portfolio ou blog de aprendizaxe que deberá presentar oralmente cada alumno no final do cuadrimestre. As datas de realización das tarefas serán estabelecidas nas sesións de debate, pero non se aconsella que se superen as dúas semanas para a súa realización. Preferentemente, nas horas de tipo B, o profesor guiará o alumnado para a execución destas tarefas. |
Proceedings |
Desenvolveranse preferentemente nas horas de tipo C, aínda que tamén se poderán programar encontros dixitais. O alumnado deberá achegar respostas e ideas sobre as preguntas que se formulen nas sesións maxistrais. As horas de debate tamén se poderán usar para negociar datas, horarios, criterios e metodoloxía do sistema de avaliación. |