PRIMEIRA CONVOCATORIA: O alumnado presencial e o non presencial ten que alcanzar o 50% en cada unha das probas para superar a materia. SEGUNDA CONVOCATORIA: De non ter superada algunha das probas ou actividades obxecto da avaliación, poderán recuperarse na convocatoria de xullo. ALUMNADO NON PRESENCIAL: O alumnado que non poda asistir á clase regularmente, non poda seguir a avaliación continuada nin asistir a titorización dos traballos, realizará as seguintes probas: 1.- Unha proba de contidos teóricos (50%), 2.- Un traballo, a determinar polo profesor/a (30%) 3.- O resumo de dous libros, a determinar co profesor/a responsable da materia (20%). Para aprobar é preciso alcanzar o 50% da puntuación en cada unha das 3 probas. |